Trece locais participan no oitavo concurso Quiroga de Tapas

QUIROGA

Presentación dunha edición anterior do certame Quiroga de Tapas
Presentación dunha edición anterior do certame Quiroga de Tapas ROI FERNANDEZ

O certame gastronómico comezará hoxe e terminará o día 19

11 abr 2019 . Actualizado a las 10:55 h.

Trece establecementos participan na oitava edición do concurso Quiroga de Tapas, que se celebrará desde hoxe ata o día 19. O certame será inaugurado ás 19.00 horas desta tarde nun acto que se celebrará no restaurante O Rego Gastrobar e no que participarán o alcalde e a concelleira de Cultura xunto con Cheché Real, presidente da asociación de empresas de hostalería da provincia, e Beatriz Vila, delegada desta entidade na zona sur.

Os locais que participan nesta edición son os restaurantes e bares A Pedra, Adega de María, Ruxe-Ruxe, Ferreiriño, As Palmeiras, Casa Torres, Chapakuña 3, O Roxo Vivo, O Rego Gastrobar, Quiper, Taberna, Lago e Félix. O establecemento gañador recibirá un premio de cen euros e unha placa conmemorativa. Para o público participante haberá un premio de trescentos euros en metálico, unha estada con almorzo para dúas persoas nunha casa de turismo rural, seis xantares ou ceas para dúas persoas en diversos establecementos e un lote de produtos típicos do municipio.