Celia Díaz presentará o sábado en Quiroga «O castelo de Pena Redonda»

La Voz

QUIROGA

CELIA PARRA

A obra, editada co apoio do Concello, gañou o premio de teatro infantil O Facho

08 feb 2019 . Actualizado a las 13:10 h.

O salón de actos da Casa de Cultura de Quiroga será escenario o sábado ?ás 19.00 horas? da presentación do libro O castelo de Pena Redonda, o máis tolo da contorna, da escritora Celia Díaz Núñez, unha obra que gañou no 2016 o premio de teatro infantil concedido pola asociación cultural coruñesa O Facho. A peza foi publicada pola editorial Fervenza co apoio do Concello de Quiroga.

No acto de presentación participarán a propia a autora, o ilustrador do libro -o artista ourensán Ricardo Paz Cid-, a tenente de alcalde Ana María Núñez e a directora do colexio público de Quiroga. Varios alumnos deste centro -Ignacio González Gómez, Natalia Álvarez Díaz, Nadia Touzón López e Manuel Antonio González Gallego- ofrecerán unha lectura dramatizada do texto. A acción da obra sitúase en torno ao ano 1250.

Celia Díaz Núñez naceu no Páramo, pero desde a infancia viviu en Quiroga, de onde procede a súa familia materna. Con anteroridade publicou dúas novelas xuvenís Rugando e A boca do monte, ambientadas na comarca quiroguesa. En 1995, co apoio do Concello, foi editado o seu ensaio Voces da Terra. Quiroga e os seus escritores. No 2004 deuse a coñecer como autora teatral coa obra Cataventos e cía., que gañou o premio Barriga Verde para teatro de monicreques. Posteriormente publicou outra peza teatral, Velaí vai o papaventos. Celia Díaz tamén é autora das novelas Unha verdade amarga e Adeliña, do libro de pasatempos Restra de letras e de varios textos didácticos para a aprendizaxe da lingua galega.