En Quiroga celebrarase o sábado un festival benéfico

La Voz

QUIROGA

CEDIDA

A iniciativa ten a finalidade de recadar fondos para unha asociación de apoio aos afectados polo síndrome de Sturge-Weber, unha enfermidade rara

08 dic 2017 . Actualizado a las 12:56 h.

No auditorio municipal de Quiroga celebrarase o sábado ?ás 17.00 horas? un festival benéfico dedicado a recadar fondos para unha asociación lucense de apoio ás familias afectadas polo síndrome de Sturge-Weber, pertencente ao grupo das chamadas enfermidades raras.O festival contará coas actuacións da Banda Folk de Ribas de Sil -na imaxe-, os grupos O Recanto e Habana Sil, a Coral Polifónica de Quiroga e o músico Andrés Montes. As entradas terán un prezo de tres euros. A organización corre a cargo da parafarmacia de Quiroga en colaboración co Concello.