09 oct 2024 . Actualizado a las 19:17 h.
O vindeiro, domingo, 13 de outubro, a asociación cultural Tuiriz con U organiza un roteiro pola parroquia para coñecer parte do monte o Ferroedo e achegarse ao río Barrantes, onde os participantes poderán ver o muíño de Barrantes e o rego de nome homónimo.
A saída será ás dez da maña do local social de Tuiriz. O recorrido e de oito quilómetros e ao seu remate haberá unha paellada, de balde para os socios e cun prezo de cinco euros para os non socios. É preciso anotarse nos teléfonos: 647 568 260, 615 301 505, 600 704 665 ou 667 538 857.