Inician unha catalogación das árbores máis singulares do concello de Pantón

f. a. MONFORTE / LA VOZ

PANTÓN

Ciprés á entrada do mosteiro das Bernardas, en Ferreira
Ciprés á entrada do mosteiro das Bernardas, en Ferreira ROI FERNANDEZ

26 may 2021 . Actualizado a las 11:34 h.

A asociación cultural Segredos de Pantón puxo en marcha un proxecto que ten por obxectivo catalogar e divulgar o coñecemento das árbores máis destacadas do municipio. O colectivo pide a participación de todas as persoas dispostas a colaborar na iniciativa, apuntando que o que se pretende é inventariar «tanto árbores como conxuntos delas que sexan sinalables pola súa historia, idade ou dimensións».

Os responsables da asociación poñen como o exemplo os cipreses do mosteiro de Ferreira e da igrexa de San Fiz de Cangas, o carballo de Cabo de Vila, os plataneiros do Torrón ou os piñeiros de Toldaos, sinalando que algúns destes exemplares poderían entrar no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

Para participar nesta catalogación que enviar datos sobre a situación e as características das árbores -acompañados de fotografías- ao Whatsapp do teléfono 662 669 223, ao correo segredosdepanton@gmail.com ou ás contas da asociación en Facebook, Twitter e Instagram.