«O mundo de Martiña», teatro para o Día das Letras Galegas en Pantón

La Voz

PANTÓN

Os actores Pedro Insua e Raquel López Cendán representan a peza «O mundo de Martiña»
Os actores Pedro Insua e Raquel López Cendán representan a peza «O mundo de Martiña»

A compañía Bátega representará o luns esta obra na praza do Concello

15 may 2021 . Actualizado a las 15:34 h.

Con motivo do Día das Letras Galegas, o Concello de Pantón organizará o luns unha representación da obra O mundo de Martiña a cargo do grupo teatral Bátega. A función ofrecerase ás 18.00 horas na praza do Concello. No caso de que as condicións meteorolóxicas non o permitan, a representación trasladarase ao salón de actos da Casa de Cultura. A peza, que combina diálogos e cancións, conta a traxectoria vital de Martiña, «unha nena moi curiosa que se cuestiona todo aquilo que non entende», segundo explican os organizadores. O espectáculo é subvencionado pola área de Cultura da Deputación.