Unha marcha en bicicleta polo mellor de Pantón

La Voz

PANTÓN

Participantes na edición do ano pasado da BTT Pombeiro
Participantes na edición do ano pasado da BTT Pombeiro ASOCIACIÓN CULTURAL VIRXE DAS NEVES

A segunda edición da BTT Pombeiro celebrarase a finais de maio con dous percorridos, un deles de 47 quilómetros, que pasarán por algúns dos paraxes máis espectaculares do municipio

11 feb 2020 . Actualizado a las 17:37 h.

A asociación cultural Virxe das Neves, da parroquia de Pombeiro, está organizando a segunda edición da súa ruta en bicicleta de montaña por diferentes puntos do municipio de Pantón. A segunda II BTT Pombeiro celebrarase o domingo 24 de maio.

Os organizadores explican que a proba contará con dúas de lonxitudes diferentes, a máis longa de 48 quilómetros e a máis curta de 27. O prazo para inscribirse está aberto desde hoxe e non se pechará ata o 20 de maio. As inscripcións tramítanse a través da empresa Champion Chip Norte.

Este percorrido en bicicleta de montaña pasará por diferentes puntos de interese do concello de Pantón, como a ruta que une as aldeas de Cibrisqueiros e San Cosmede, con paso polas tumbas do Preguntoiro e polacapela de San Cosmede. O itinerario tamén fará pasar aos participantes polos miradores de Pena Pombeira e da Cruz e polo antigo camiño real de Bazal, e por aldeas como Vilamirón, Lornís ou Següín.

Entre os participantes haberá atletas de alto nivel, igual que na primeira edición. Por exemplo, este ano correrán na BTT Pombeiro Estefan González Expósito e Saúl López Álvarez. Haberá agasallos para os participantes ofrecidos pola tenda de material de bicicletas Biciracing, de Monforte.