Música clásica na igrexa románica das Bernardas

Francico Albo

PANTÓN

Concerto de fortepiano a cargo de Patricia Rejas nunha edición anterior do ciclo Sinfonía no Mosteiro
Concerto de fortepiano a cargo de Patricia Rejas nunha edición anterior do ciclo Sinfonía no Mosteiro ALBERTO LÓPEZ

O trío Concertino ofrecerá o domingo unha actuación dentro do programa das Xornadas da Ruta do Románico de Pantón

14 jun 2019 . Actualizado a las 11:32 h.

A igrexa románica do mosteiro das Bernardas de Ferreira acollerá o domingo un concerto de música clásica a cargo do trío de corda Concertino, dentro do ciclo Sinfonía no Mosteiro, que forma parte do programa das Xornadas da Ruta do Románico de Pantón. A actuación comezará ás 19.00 horas e a entrada será libre ata completar o aforo. O grupo, formado polos músicos Chirl Maximov, Serghei Maximov e Luis Enrique Caballero Varona, interpretará pezas de Händel, Mozart, Bach, Boccherini, Albinoni, Chaikovskii, Schuman, Astor Piazzolla, Jules Massenet, Carlos Gardel, James Horner, Bruno Coulais e Xoán Montes, ademais da xota galega Galopín.