Imaxes do patrimonio menos coñecido de Pantón

La Voz

PANTÓN

A casa de turismo rural Rectoral de Castillón acollerá a exposición fotográfica
A casa de turismo rural Rectoral de Castillón acollerá a exposición fotográfica ALBERTO LÓPEZ

Unha exposición fotográfica será inaugurada o sábado na casa Rectoral de Castillón

13 mar 2019 . Actualizado a las 12:39 h.

Na casa de turismo rural Rectoral de Castillón será inaugurada o sábado -ás 18.00 horas- unha exposición que reúne unha selección dos traballos presentados ao primeiro certame fotográfico de Nadal que organizou a asociación cultural Segredos de Pantón. As imaxes, segundo explican os organizadores, axudan a repasar «lugares esquecidos» do municipio e a ver «dun xeito moi diferente lugares moi concorridos». A exposición poderá visitarse ata o día 31 no horario habitual de apertura do establecemento.