Pantón pechará o carnaval do sur lucense o 9 de marzo

O Concello convocou o tradicional certame do desfile de comparsas


Tal como sucede desde hai anos, o municipio de Pantón será o último en celebrar o desfile de entroido. Será o 9 de marzo, isto é, o sábado seguinte ao Martes de Carnaval. O desfile comezará ás 16.30 horas no entorno do colexio Monte Baliño e rematará na praza do Concello. Os participantes deberán concentrarse no punto de partida media hora antes do inicio do desfile. As inscricións para participar no certame municipal de comparsas poderán facerse ata o día 8 no edificio sociocultural de Ferreira. O horario de atención é de 10.00 a 20.00 horas de luns a venres e de 10.00 a 13.00 horas os sábados.

As bases establecen dúas categorías de premios, unha para comparsas de adultos e outra para grupos infantís. Na primeira haberá premios de 350, 200 e 150 euros para os grupos de dez ou máis compoñentes; de 150, 125 e cen euros para os de cinco a nove compoñentes e de 100, 175 e 50 para os dun a catro membros. Na categoría infantil, os premios serán de 180, 160 e 150 euros para os grupos de dez ou máis membros; de 100, 75 e 50 euros para os de cinco a nove compoñentes e de 50, 40 e 20 euros para os dun a catro compoñentes.

Na imaxe sobre estas liñas, un aspecto do desfile de comparsas do ano pasado en Ferreira.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Pantón pechará o carnaval do sur lucense o 9 de marzo