Os veciños de Pantón melloraron con máis de 300.000 euros da Deputación o abastecemento de auga, viais e alumeado público

O executivo provincial permitiu a contratación de doce traballadores

.

Emprego. O executivo provincial destinou preto de 168.000 euros para financiar os custes laborais dun total de 12 traballadores cos Plans de emprego da Deputación. Concretamente o concello contratou a un peón de mantemento, unha traballadora social e un técnico informático, entre outros.

Servizo a Domicilio. O Presidente decidiu incrementar os fondos da Deputación para o Servizo a Domicilio , Pantón recibiu 54.275  euros que contribuiron a mellorar a calidade asitencial do Concello aos maiores.

Infraestructuras. O executivo provincial mellorou con máis de 300.000 euros para melloras de viais e de accesos no rural así como a rede de abastecemento de auga potable da vila. Ademais executaronse obras nas estradas como a vía Bazal N-120, e os os accesos á fervenza de Augacaída. Con cargo a este orzamento tamen se acondicionou a LU-P-4109, de Ferreira a Goián.

Outras obras foron  a pavimentación e mellora de vías de Ferreiroá, O Regueiro, Pantón de Abaixo, núcleo urbano de Ferreira, Av. Deputación, farmacia e rúa Manuel María asi como a reforma edificio sociocultural de Pantón. Tamen houbo melloras no alumeado público en Galegos e no pobo de Freixedo da Parroquia de Eiré.

Investimentos. Con máis de 200.000 euros executaran obras como a mellora dos accesos á depuradora, Mañente, balneario, Vilaverde, Goyán, Castrotañe, Serpentiña, Frenzas, Docil, Cima de Vial, Casa da Fonte, Hedra, local social do Concello, Pumar, Cerdeiro, Bazal e Ribeiras do Miño. E o acondicionamento da travesía da rúa Ourense, Manuel María, Praza do Concello e Xeneral Ramón Fernández Núñez.

Cultura, Deportes, Turismo. O Goberno da Deputación tamen contribue a mellorar as actividades de dinamación de Pantón, como por exemplo o Festival de Reis, Obradoiro de Entroido, a Rota do Románico, o Outono Cultural e Obradoiros, asi como ximnasia de mantemento, aeróbic, atletismo, campo a través ou patinaxe. Outro evento turístico importante do Concello é a Mostra de viños da Ribeira Sacra de Pantón , coa que tamen contribue, como tamen o fai co Festival do Castro da vila.

Ademais, nas actividades de Deportivas colabora coa Ximnasia, Zumba, Actividades deportivas extraescolares, Patinaxe, Actividades multideporte e o I Trail galaica Ribeira Sacra de Pantón.

Votación
0 votos
Comentarios

Os veciños de Pantón melloraron con máis de 300.000 euros da Deputación o abastecemento de auga, viais e alumeado público