Oito funcións teatrais para novembro e decembro no Saviñao 

La Voz

O SAVIÑAO

Un espectáculo de títeres da compañía Trécola, que participa no ciclo teatral do Saviñao
Un espectáculo de títeres da compañía Trécola, que participa no ciclo teatral do Saviñao J.M.CASAL

O ciclo comenzará este sábado no auditorio municipal de Escairón

04 nov 2026 . Actualizado a las 19:26 h.

No auditorio municipal de Escairón comezará este sábado un ciclo de representacións teatrais organizado polo Círculo Saviñao coa peza Paga e cala, do grupo de teatro do HULA de Lugo. Todas as funcións ofreceranse os sábados ás 18.00 horas no mesmo local salvo as dúas últimas, de títeres, que se desenvolverán no local da asociación organizadora. Seis destas obras encádranse no ciclo de teatro profesional da área de Cultura da Deputación lucense e as dúas restantes, no ciclo de teatro afecionado promovido polo orgamismo provincial.

A continuación detállanse as demais representacións incluídas no programa:

14 de novembro. A compañía lucense Lilâ Teatro representará a obra Abra da cabra.

21 de novembro. A segunda representación do ciclo correrá a cargo do grupo Colectivo Ollomao —con sede no municipio de Barreiros—, que porá en escena a peza Dona Clara.

28 de novembro. Para esta data está prevista unha actuación da compañía lucense Bátega Teatro, que representará a obra Divers@s, dirixida ao público infantil.

5 de decembro. A primeira función do mes próximo será Cores do Camiño, a cargo do grupo Satori Teatro —radicado en Santiago—, que escenificará a peza Cores do camiño, enfocada tamén a un público infanti e familiar.

12 de decembro. A compañía Sr. López Producións representará A vida é un soño.

19 de decembro. O grupo Mircromina Títeres porá en escena Raio the Loubicán.

26 de decembro. O ciclo pecharase con Pituquito literal, da compañía de títeres Trécola Producións.