O museo de Arxeriz convoca por segunda vez un certame literario para escolares

La Voz

O SAVIÑAO

Un aspecto do exterior do Ecomuseo Pazo de Arxeriz, no municipio do Saviñao
Un aspecto do exterior do Ecomuseo Pazo de Arxeriz, no municipio do Saviñao ALBERTO LÓPEZ

Poderán participan alumnos de ESO e BAC de toda Galicia e o prazo de entrega de traballos estará aberto ata o 14 d abril do ano próximo

04 oct 2026 . Actualizado a las 12:13 h.

A Fundación Xosé Soto de Fión, que xestiona no municipio do Saviñao o Ecomuseo Pazo de Arxeriz, convocou por segunda vez o certame literario escolar Xosé de Arxeriz en homenaxe ao seu primeiro presidente, Xosé Soto Rodríguez, falecido o 2 de outubro do 2023. O concurso está dirixido aos alumnos de ESO e BAC de toda Galicia e segundo explican os seus promotores, «ten como obxectivo fomentar a creatividade literaria en lingua galega e promover os valores culturais, etnográficos, históricos e ecolóxicos de Galicia, continuando así o seu legado na protección e divulgación da cultura galega».

O prazo de admisión dos traballos estará aberto ata o 14 de abril do 2027. As bases poderán consultarse nos próximos días a través do correo electrónico ecomuseodearxeriz@gmail.com ou das redes sociais do museo.

O certame consta de dúas categorías, A e B, destinadas respectivamente aos alumnos de ESO e BAC. En ambos apartados habería un primeiro premio dotado con 500 euros e un segundo de 250 euros. En ambos casos outorgarase tamén un diploma. Por outra parte, os traballos gañadores e finalistas serán obxecto dunha publicación ilustrada que se fará chegar aos centros educativos dos participantes.

Os premios serán entregados nun acto que se celebrará no salón de actos do Ecomuseo Pazo de Arxeriz, nunha data que se concertará no seu momento cos galardoados.