Música medieval na igrexa románica de Santo Estevo de Ribas de Miño

O SAVIÑAO

ALBERTO LOPEZ

O templo acollerá o 9 de xuño un concerto do grupo Lucus Ensemble encadrado no ciclo O Son do Tempo

06 jun 2019 . Actualizado a las 12:39 h.

A igrexa románica de Santo Estevo de Ribas de Miño, no Saviñao, acollerá o 9 de xuño un concerto de música medieval a cargo do grupo Lucus Ensemble. A actuación, que comezará ás 19 horas, encádrase no programa de concertos de música antiga O Son do Tempo, promovido pola Deputación e o Centro de Artesanía e Deseño dependente do organismo provincial.

A formación interpretará varias cantigas galaicoportuguesas de Martín Códax e Alfonso X o Sabio, unha peza do compositor medieval francés Guillaume de Machaut e obras contemporáneas de Igor Stranvinski e Moisés López.