Contacontos e obradoiro de debuxo con Estefanía Padullés en Escairón

O SAVIÑAO

Estefanía Padullés nunha sesión de contacontos
Estefanía Padullés nunha sesión de contacontos MARTINA MISER

A actividade celebrarase a partir das cinco da tarde do venres na biblioteca municipal

05 jun 2019 . Actualizado a las 12:51 h.

A biblioteca municipal do Saviñao acollerá o venres unha sesión de contacontos e un obradoiro de debuxo a cargo da escritora e ilustradora Estefanía Padullés. A actividade, que comezará ás 17.00 horas, xirará en torno a un libro de literatura infantil desta autora titulado A manchas ou a raias? Ao remate da actividade entregaranse os premios do certame infantil de narración e debuxo organizado pola biblioteca con motivo do Día das Letras Galegas.