Será o 26 de febreiro e estará organizado pola asociación cultural As Xeitosas coa colaboración do Concello
14 feb 2022 . Actualizado a las 16:11 h.
As festas de Carnaval tamén volven este ano ao Incio. Este Concello colabora coa asociación cultural As Xeitosas na organización dun baile de disfraces que terá lugar o día 26, o último sábado deste mes. O baile será na praza de España e haberá premios para os mellores disfraces.
A festa comezará ás seis da tarde e incluirá música, chocolatada e doces típos do Entroido, como as orellas. Os portavoces municipais informan de que as persoas, grupos ou comparsas interesadas en participar neste baile de máscaras poden chamar ao Concello do Incio en horario de oficina ao teléfono 982 42 70 14.
O Incio recupera así as convocatorias festivas propias do Entroido despois do parón obrigado do ano 2021, no que este tipo de celebracións foron suspendidas de xeito xeneralizado como consecuencia da pandemia.