Os estudantes do colexio local organizaron as súas propias badaladas desde o balcón do Concello para celebrar xuntos o cambio de ano antes das vacacións de nadal
21 dic 2021 . Actualizado a las 17:17 h.
Os escolares do Incio xa despediron o 2021 e déronlle a benvida ao 2022. Fixérono este 21 de decembro porque se o querían celebrar todos xuntos onte era a súa última oportunidade para facelo antes de que comezasen as vacacións de nadal. Profesores e alumnos organizaron unhas badaladas de fin de ano anticipadas desde o balcón da Casa do Concello. Houbo regalos para todos. E gusanitos en vez de uvas.
Estudantes e profesores do colexio Ricardo Gasset do Incio decidiron este ano celebrar a súa propia festa de Noitevella. Fixérono pola mañá e once días antes de que remate o 2021, pero fixérono. este martes foron todos á Casa do Concello, onde agardaba por eles o alcalde Héctor Corujo con bolsas de agasallos. Un grupo deles subiu ao balcón do edificio municipal para dirixir desde alá arriba a conta atrás e as doce badaladas, que a falta de reloxo soaron grazas a un prato de batería. Uvas no había, pero sí había con que substituíla. Os rapaces celebraron a chegada co 2022 con doce gusanitos cada un.
Antes das badaladas, os represntantes dos estudiantes que subiron ao balcón da casa consistorial deron un discurso de despedida do ano no que deixaron claros os seus desexos de que o 2022 sexa para todos un bon ano. Os estudantes tiveron ademais un recordo para os usuarios da residencia da terceira idade do Incio, que antes sempre os acompañaban no colexio o último día de clases antes das vacacións de Nadal. A pandemia impediulles facelo o ano pasado, e tamén este, pero os estudantes agardan que dentro de doce meses si sexa posible.