O Concello do Incio edita por segunda vez as «postais viaxeiras»

A iniciativa pretende difundir imaxes características do municipio a través das redes sociais

Unha postal coa imaxe da igrexa de San Pedro Fiz de Hospital nunha fotografía tomada na cidade polaca de Gdansk
Unha postal coa imaxe da igrexa de San Pedro Fiz de Hospital nunha fotografía tomada na cidade polaca de Gdansk

O Concello do Incio editou por segundo ano consecutivo unha postal coa finalidade de promocionar o municipio a través das redes sociais. A primeira destas postais contiña unha fotografía da igrexa románica de San Pedro de Fiz de Hospital e a segunda, que acaba de editarse, mostra unha imaxe do encoro de Vilasouto. O autor de ambas fotografías é Tariq Dajani, veciño do municipio.

A nova postal foi editada cunha tiraxe de oitocentos exemplares e está a ser distribuída xunto cuns calendarios do 2021 que tamén están a ser repartidos entre os veciños. Como na ocasión anterior, o Concello pide aos veciños que envíen estas postais —que levan o franqueo pago— a familiares e amigos que vivan en calquera parte do mundo. Estas persoas, á súa vez, deben tomar fotos das postais nos lugares onde se encontren para compartilas nas redes sociais. Outra opción é que os veciños leven as postais nas súas viaxes e que tomen fotografías para difundilas en Internet. «É unha maneira máis de seguir dando a coñecer O Incio e ver o lonxe que chega», explica o alcalde, Héctor Corujo, acerca desta iniciativa. A intención do goberno local —engade— é «que as persoas que reciban a postal, por lonxe que se atopen, queiran vir coñecernos e saber de nós».

A nova postal editada polo Concello de O Incio mostra unha imaxe do encoro de Vilasouto
A nova postal editada polo Concello de O Incio mostra unha imaxe do encoro de Vilasouto

Por outro lado, o Concello agradeceu a colaboración das persoas que axudaron a difundir as imaxes da anterior postal editada dentro desta iniciativa —denominada «postais viaxeiras», que enviaron fotografías desde diversos países, como Francia, Italia, Polonia, Malta, Reino Unido, Austria e Cuba. Todas estas fotos foron compartidas nas redes sociais municipais.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Tags
Comentarios

O Concello do Incio edita por segunda vez as «postais viaxeiras»