O Incio despide a unha veciña que tiña 102 anos

La Voz

O INCIO

Instalacións do Tanatorio do Cabe, no Incio
Instalacións do Tanatorio do Cabe, no Incio CEDIDA

Era da parroquia de San Román do Mao, onde será enterrada este luns

07 dic 2020 . Actualizado a las 00:40 h.

O Incio perdeu este domingo a una veciña centenaria. Dominica López Aira faleceu aos 102 anos de idade e será enterrada en San Román do Mao, a parroquia do Incio na que vivía.

A familia de Dominica López Aira, que era viúva de Germán López Lolo e deixa tres fillos, vela o seu corpo nas instalacións do Tanatorio do Cabe no Incio. O seu corpo será trasladado este luns ás doce do mediodía

desde o tanatorio cara igrexa parroquial de San Román do Mao, onde se celebrará o funeral e despois o enterro.