Xabier Vizcaíno presenta no Incio o seu disco "Neno de Monte"

Será este sábado  nun concerto na praza da vila

Xabier Vizcaíno, nunha imaxe promocional do seu disco  Diáspora  (2014)
Xabier Vizcaíno, nunha imaxe promocional do seu disco "Diáspora" (2014)

Xabier Vizcaíno presenta esta fin de semana o seu novo disco no Incio, o seu municipio. "Neno do monte" é o título deste novo traballo, o terceiro deste músico despois de "Alas de papel" (2014) e "Diáspora" (2017). A presentación será nun concerto ao aire libre, na praza da Cruz do Incio e ás cinco da tarde.

"Neno de Monte" está gravado no estudio A Palleira, situado en Goó, na casa familiar de Xabier Vizcaíno e a súa irmá, Lucía Vázquez. Este disco contén seis cancións, todas con música e letra de Xabier Vizcaíno menos "Sen a luz túa", baseado nun poema de Bernardino Graña que xa fora musicado no seu momento por Suso Vaamonde.

O primeiro single deste novo traballa discográfico é "Camiños", e ten un videoclip gravado entre o encoro de Vilasouto e a aldea de Goó.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Tags
Comentarios

Xabier Vizcaíno presenta no Incio o seu disco "Neno de Monte"