A Deputación achegou aos veciños do Incio máis de 700.000 euros para servizos públicos

Parte do investimento foi para a xeración de postos de traballo


O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto á Alcaldesa do Incio, Laura Celeiro García, informou en datas pasadas sobre o investimento superior aos máis de 700.000 euros, que achegou o Goberno Provincial aos 1.700 veciños deste municipio nun ano para servizos públicos. Foron 431.000 euros do orzamento de 2016 e 275.000 os destinados, polo de agora, do presuposto deste ano. O conxunto destes investimentos adicaronse ao impulso das infraestruturas, dos servizos socias e do emprego.

O Executivo Provincial acondicionou un tramo de 2 quilómetros da LU-P-2501 de Sá a Teixeira e da LU-P-4706 da Pobra de Brollón a Cruz do Incio. Estas melloras son moi importantes para os veciños do Concello do Incio, pois a LU-P-2501 conecta co núcleo rural de Rubián da Cima, e a LU-P-4706 é a principal vía de comunicación entre os Concellos da Pobra do Brollón e do Incio, beneficiando directamente ás máis de 3.400 persoas que viven nestes municipios, realizáronse melloras dos locais sociais de Lebón e Eirexalba e ademáis adquiriuse un novo vehículo de recollida de lixo para o municipio, que o Goberno da Deputación financiou na súa totalidade con 138.000 euros e que beneficiará a todos os veciños do municipio.

Tamén con cargo ao orzamento de 2016, máis de 41.000 euros foron para a xeración de novos postos de emprego cos que reforzar os servizos públicos municipais a través do DepuEmprego. No municipio, traballan 8 peóns de servizos múltiples, cuxos custos laborais asume o Executivo da Deputación.

Con máis de 30.000 euros, que permiten o funcionamento do Servizo a Domicilio para non dependentes, así como coa Teleasistencia gratuíta, que ofrece a persoas con dificultades en canto a súa autonomía aténdese a 20 maiores aos que non ofrece asistencia a Xunta de Galicia.

Por outra banda, preténdese unha dinamización económica e social con axudas para a celebración de actividades lúdico-culturais unhas veces de forma directa e outras a través das asociacións do municipio que organizan diferentes actividades desta índole.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Deputación achegou aos veciños do Incio máis de 700.000 euros para servizos públicos