Unha oportunidade histórica perdida

Antón Patiño PINTOR MONFORTINO

MONFORTE DE LEMOS

O pintor Antón Patiño ofreceu terreos ao Concello para crear un centro artístico
O pintor Antón Patiño ofreceu terreos ao Concello para crear un centro artístico

26 oct 2024 . Actualizado a las 17:40 h.

Ante a imposibilidade de entrevistarme co alcalde de Monforte de Lemos, Sr. Tomé, e tras as reunións mantidas co Concello, o pasado día 23 de outubro trasladóusenos a negativa definitiva e firme do Concello de Monforte a tramitar urbanisticamente a proposta que lle presentamos na data do 23 de setembro de 2023.

A proposta alternativa ofrecía ao Concello a cesión dos meus terreos nesa zona para a implantación neles dun centro cultural denominado Centro de Arte Monforte (CAM), promovido e apoiado por numerosas personalidades e institucións do ámbito cultural galego e español.

A proposta parte de promover un cambio no plan urbanístico actual, que protexa o muro histórico, elimine a estrada que planea levar ata o río, e que permita a construción futura deste centro, que polas súas especiais características arquitectónicas e polo seu programa de actuación cultural e social, estaría chamado a ser un referente da cultura galega e da cidade de Monforte.

Tal decisión, na nosa opinión, supón a perda dunha oportunidade histórica para esta cidade que permitiría, ademais, engadir á súa oferta turística un foco de atracción importantísimo.

Quero agradecer inmensamente a todas as persoas de Monforte residentes ou na diáspora, ás propias institucións políticas e culturais de Monforte e de toda Galiza, ós artistas de Galiza e de fóra dela, aos medios de comunicación e á opinión pública en xeral o seu apoio nesta loita por manter viva a c da cultura. 

Con todos os respectos ao Concello de Monforte esta loita por Monforte continúa.