As protestas do personal de enfermería do Sergas: «En Monforte temos ás noites unha enfermeira para 28 camas»
MONFORTE DE LEMOS
As traballadoras van seguir adiante coas súas mobilizacións en non descartan ir á folga
13 nov 2023 . Actualizado a las 19:30 h.Lara Jorge é enfermeira na planta de cirurxía e dixestivo do Hospital público de Monforte. Ten 38 anos, traballa para o Sergas desde o 2008 e hai pouco conseguiu un posto interino. Este martes participou na protesta organizada ás postas do hospital polo colectivo A por Todas, que reclama melloras nas condicións de traballo do persoal de enfermería.
-As enfermeiras do Sergas traballan hoxe en peores condicións que hai 10 ou 20 anos?
-Nalgunhas cousas estamos peor, si. Pode que teñamos a mesma cantidade de pacientes, pero estamos máis sobrecargadas porque a idade media da poboación é máis alta. E ademais temos máis eventualidade laboral, no contexto dunha sanidade cada vez máis deshumanizada e cada vez máis centrada nos números.
-Fai falta máis persoal de enfermería no hospital e no centro de saúde de Monforte?
-Falta persoal tanto en atención primaria como no hospital e non só de enfermería, claro. E nbon é un problema só de Monforte, senón xeral. Porque a causa é a mala xestión e a falta de previsión. Hai precariedade na contratación e por iso a xente marcha a outras comunidades autónomas, ao estranxeiro ou á privada en busca de estabilidade. Esa é a razón do actual déficit de profesionais. E ante iso, a resposta do Sergas foi ofrecer o complemento por horas extras. Danlle prioridade a iso ante a contratación, pero é un método que repercute negativamente na atención e na seguridade do paciente.</p>
-Falan de mellorar a ratio enfermeira/paciente, pero existen esas ratios mínimas legais?
-Non hai unha lei, pero podemos comparar os datos de aquí cos doutros países europeos. E nesa comparación saímos mal parados. O borrador do proxecto de lei pendente de votar no Congreso di que a ratio en hospitalización debería ser dunha enfermeira por cada seis pacientes. E que esa ratio pode subir a oito en función das condicións dos pacientes. Pois en Monforte nas quendas de tarde podemos levar ata 14 pacientes cada unha. E pola noite estamos só unha para cada planta, que ten 28 camas. Así é difícil ter a xente ben atendida.
-O colectivo A por Todas chama a non facer esas horas extra.
-Si, pedimos que non se fagan. Propoñémolo como medida de presión e para forzar cambios na xestión.
-No hospital de Monforte quedaron servizos ao descuberto a raíz dese chamamento a non facer horas extra?
-En Monforte non pasou iso porque nun hospital pequeno con pouca xente facendo horas extra podes ir tirando. </span></p>
-Tamén reclaman poderse xubilar aos 60 anos. Por que?
-Polas características do traballo que facemos, baseado en quendas, con nocturnidade e tamén moita responsabilidade. Son factores que desgastan, tanto física como mentalmente.
-Satisfeitas coa resposta da xente a esta primeira protesta en Monforte?
-Moito. Somos novatas nisto e a pareceunos que a resposta da xente foi moi boa.
-E a partir de agora, que?
-Seguiremos insistindo. Estamos agardando a que o Sergas responda a unha solicitude de reunión nosa. E se seguen sen nos escoitar, seguiremos protestando e non descartamos chegar ata a folga.
Más de doscientas personas protestan en Monforte por el «maltrato laboral» a las enfermeras
Más de doscientas personas se manifestaron este martes en Monforte para protestar por las condiciones de trabajo del personal de enfermería de la sanidad pública. Varias decenas de personas participaron en otra movilización similar frente al centro de salud de Chantada. Fueron dos de las movilizaciones que estaban convocadas para esta fecha en toda Galicia por el colectivo de enfermeras A por Todas, que reivindica mejoras laborales y el cese de lo que califican como maltrato a esta profesión por parte del Sergas.
En el caso de Monforte, la protesta consistió en una concentración a la una de la tarde frente a la puerta principal del hospital. La mayoría de los participantes eran enfermeras y otros trabajadores del hospital, pero también había muchos pacientes y vecinos en general.
Frente a una pancarta en la que se leía «Sen persoal non hai sanidade de calidade», una portavoz del colectivo convocante leyó un comunicado en el que denunciaban que la administración sanitaria lleva años dándoles la espalda y maltratándolas «con contratos precarios e condicións de traballo miserables, con ameazas de penalización a quen non acepte esas condicións e quitándo pouco a pouco dereitos gañados despois de anos de loita»".
Muchas enfermeras llevaban además carteles en los que se podían leer lemas como «Quero un contrato, non un maltrato»,«Vocación, non explotación» o «A falta de persoal afecta á saúde de todos». La concentración duró aproximadamente un cuarto de hora, durante el que los participantes corearon consignas similares a las que se veían en las pancartas.
En Monforte, esta protesta tenía el respaldo de la junta de personal del hospital, de la plataforma local en defensa de la sanidad pública y del colegio oficial de enfermería de Lugo. El único representante político que estuvo en la manifestación fue el portavoz municipal del BNG, Emilio Sánchez.
A por Todas había organizado protestas este martes en Lugo, A Coruña, Santiago y Pontevedra, además de Monforte. En otros lugares en los que no había ninguna convocatoria previa también se improvisaron concentraciones en las que participaron trabajadores y vecinos. Fue el caso de la que tuvo lugar a la una de la tarde en Chantada.