Concentración a favor da lingua galega na praza de España de Monforte

La Voz

MONFORTE DE LEMOS

Andrea López Otero, veciña de Pantón (ao fondo á esquerda) leu varios poemas da súa autoría
Andrea López Otero, veciña de Pantón (ao fondo á esquerda) leu varios poemas da súa autoría FRANCISCO ALBO

A Mesa pola Normalización Lingüística organizou un acto público para celebrar o Día das Letras Galegas 

17 may 2023 . Actualizado a las 19:37 h.

A Mesa pola Normalización Lingüística do sur da provincia organizou este mércores en Monforte unha concentración a favor do idioma galego de forma simultánea con outros actos do mesmo tipo que se celebraron en diferentes localidades da comunicade. Na concentración, que se levou a cabo ao mediodía na praza de España, celebrouse tamén o Día das Letras Galegas dedicado a Francisco Fernández del Riego.

No acto participou Andrea López Otero, veciña de Pantón que gañou o terceiro premio do certamen de de poesía Lingua para Namorar, organizado pola Xunta. Andrea López recitou tres poemas da súa autoría. Na concentración tamén tomou parte a escritora Moncha Prieto, natural de Sober e autora do libro de relatos Alma de barro, quen se encargou de ler o manifesto elaborado pola Mesa da Normalización Lingüística para estas concentracións. O acto terminou coa interpretación do himno galego.