As conferencias correrán a cargo dos historiadores Xosé Ramón Quintana Garrido, Xurxo Ayán, Emilio Ínsua e Aurora Marco. As actividades serán coordinadas pola escritora Olga Novo xunto con Patricia Arias Chachero e Xosé Rodríguez Díaz. As prazas dispoñibles para asistir aos actos da Casa de Cultura son limitadas e é necesario realizar unha inscrición previa —e gratuíta— na páxina web do Consello da Cultura Galega. Na organización da xornada colaboran o Concello de Monforte, a Deputación e o proxecto europeo RurAllure.