Avelino González representa en Monforte «A todo Risco»

La Voz

MONFORTE DE LEMOS

A representación de «A todo Risco» corre a cargo do actor Avelino González
A representación de «A todo Risco» corre a cargo do actor Avelino González BASILIO BELLO

A función ofrecerase este xoves no auditorio do multiusos e está dirixida a todos os públicos

25 nov 2021 . Actualizado a las 11:12 h.

O auditorio do edificio multiusos de Monforte acollerá este xoves a representación da obra teatral A todo Risco, interpretada polo actor e contacontos Avelino González. A representación, dirixida a todos os públicos, comezará ás 20.00 horas e a entrada é gratuíta ata completar o aforo. As entradas poderán retirarse a partir das 19.15 horas.

O espectáculo é organizado en colaboración coa Fundación Vicente Risco e xira arredor da vida e da obra do coñecido escritor e antropólogo ourensán, unha das principais personalidades da Xeración Nós. Segundo apuntan desde a concellería de Cultura de Monforte, a obra «pretende, dunha forma amena e audaz, facer chegar este episodio, un dos máis fértiles e construtivos da nosa historia, a toda a xente, para coñecemento e orgullo do noso pasado como mellor forma de mirar cara ao futuro».