Monforte acollerá un concerto de música tradicional sefardí

La Voz

MONFORTE DE LEMOS

O grupo 2naFronteira interpreta temas musicais de tradición sefardí
O grupo 2naFronteira interpreta temas musicais de tradición sefardí CEDIDA

O grupo 2naFronteira actuará o día 16 no edificio multiusos con motivo da Xornada Europea da Cultura Xudía

10 sep 2021 . Actualizado a las 12:21 h.

O auditorio do edificio multiusos de Monforte acollerá o día 16 un concerto do grupo 2naFronteira que forma parte das actividades organizadas polo Concello con motivo da Xornada Europea da Cultura Xudía. O concerto, que se ofrece baixo o título de «A voz da pedra sefardí», tamén está programado dentro do noveno ciclo do programa Cultura no Camiño, promovido pola Xunta con motivo do Xacobeo 2021-2022.

A actuación comezará ás 20.15 horas e a entrada será gratuíta, pero o aforamento estará limitado segundo a normativa sanitaria vixente no momento en que se celebre o concerto. As entradas repartiranse a partir das 19.15 horas e a entrada ao auditorio farase ás 19.50 horas.

O grupo 2naFronteira está formado pola vocalista Carmen Penim, o pianista Maurizio Polsinelli, o percusionista Miguel Paz e Carmen Gallego, intérprete de nickelharpa e violín. A formación interpreta cancións de tradición sefardí e ten actuado en numerosos festivais de cultura xudía e en festas históricas organizadas en Ribadavia, Tui, Valença do Minho e Italia.