O poeta courelao Jesús Alfonso Parada presenta o seu novo libro, «Elpis na lareira»

La Voz

MONFORTE DE LEMOS

Jesús Alfonso Parada Jato asina na librería Pelayo exemplares de «Náiades», o seu anterior libro de poemas
Jesús Alfonso Parada Jato asina na librería Pelayo exemplares de «Náiades», o seu anterior libro de poemas CEDIDA

O acto celebrarase na librería Pelayo de Monfore coincidindo co Día das Letras Galegas

12 may 2021 . Actualizado a las 16:08 h.

O escritor Jesús Alfonso Parada Jato, natural do concello de Folgoso do Courel, presentará o luns o seu novo libro de poemas, Elpis na lareira, na librería Pelayo de Monforte de Lemos. O acto, que coincide coa celebración do Día das Letras Galegas, comezará ás 16.00 horas e será transmitido en tempo real a través das redes sociais do establecemento. Para asistir á presentación de forma presencial, o aforo máximo é de dez persoas. Os interesados deberán reservar praza.

O libro é o segundo deste autor que publica a editorial monfortina Peruchela Edicións, que editou recentemente o seu poemario Náiades. O título da obra, segundo explican desde a editorial, alude a Elpis, deusa da esperanza na mitoloxía grega. O libro —engaden— contén 24 textos «que nos achegan á memoria momentos cotiáns, árbores, animais e aveños dun rural galego moi presente en toda a obra». Parada Jato —natural de Vilasibil, na parroquia de Meiraos— ten publicado anteriormente varios libros de poemas, entre os que figuran títulos como A cor das uces, A delgada voz dos marxinados e Diario de onte e de antonte, e os ensaios Usos, costumes e cousas do Courel e Lembranzas do Courel.