«O mundo de Martiña», teatro no Ateneo Casino de Monforte

La Voz

MONFORTE DE LEMOS

Os actores Pedro Insua e Raquel López Cendán representan a peza «O mundo de Martiña»
Os actores Pedro Insua e Raquel López Cendán representan a peza «O mundo de Martiña» CEDIDA

A compañía Bátega ofrecerá unha representación este venres

12 may 2021 . Actualizado a las 12:19 h.

O grupo teatral Bátega representará este venres no Ateneo Casino de Monforte de Lemos a obra O mundo de Martiña nunha función que comezará ás oito da tarde. A peza, que combina diálogos e cancións, conta a traxectoria vital de Martiña, «unha nena moi curiosa que se cuestiona todo aquilo que non entende», segundo explican os organizadores. A entrada é gratuíta, pero para asistir é necesario realizar unha reserva previa chamando ao número 648 435 033, preferiblemente por Whatsapp. O espectáculo é subvencionado pola área de Cultura da Deputación.

Por outro lado, o Ateneo Casino acollerá o sábado unha presentación do libro Pangalaica. Recortes poderosos, do músico e escritor Xurxo Souto, publicado pola editorial Galaxia. O acto celebrarase ás 12.30 horas e para asistir tamén é preciso facer unha reserva previa no mencionado número de teléfono.