Fogos artificiais intensos para as festas de Monforte máis insólitas

Os fogos de San Vicente despiden a que debía ter sido a semana máis intensa do ano


Monforte / La Voz

Monforte despediu na medianoite do sábado ao domingo as súas festas máis insólitas. A crise sanitaria provocada polo coronavirus fixo que o Concello decidise suspender todas as actividades que estaba preparando para a segunda e a terceira semana de agosto, nas que habitualmente esta localidade celebra as súas festas patronais. Do programa festivo caeron os concertos, as actividades de rúa para nenos, a instalación de barracas... todo menos a ceremonia relixiosa e institucional da ofrenda floral á patroa de Monforte, a Virxe de Montserrat, e unha das sesións habituais de fogos artificiais.

Tanto a ofrenda á patroa de Monforte como os fogos de artificio se celebraron o sábado 15, o que é sempre o día grande das festas. A misa, procesión e ofrenda floral á Virxe celebráronse pola mañá. A sesión de fogos comezou a medianoite e durou ata pasadas as doce e vinte. Foi uns minutos máis longa e tamén máis intensa do habitual.

Normalmente, nas festas de Monforte teñen lugar dúas sesións de fogos de artifcio. A do 15 de agosto dispárase desde o castelo de San Vicente e a do 16, o que adoita ser o último día das festas, faise desde o paseo do Malecón, no río Cabe. A de San Vicente é máis doada de ver desde calquera punto de Monforte, así que provoca moitas menos aglomeracións que a do río. Por iso, os responsables municipais decidieron que este ano só se celebrase unha sesión de fogos e fose a de San Vicente.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
5 votos
Comentarios

Fogos artificiais intensos para as festas de Monforte máis insólitas