Estudantes de Monforte coñecen o norte de Italia

La Voz

MONFORTE DE LEMOS

Os estudantes de Monforrte, nun dos lagos alpinos que visitaron durante a súa estadía no norte de Italia
Os estudantes de Monforrte, nun dos lagos alpinos que visitaron durante a súa estadía no norte de Italia IES A PINGUELA

Alumnos do instituto A Pinguela pasaron unha semana de intercambio con estudantes dun centro de Secundaria da localidade de Novara

17 feb 2020 . Actualizado a las 11:32 h.

Estudantes de primeiro de bacharelato do instituto A Pinguela acaban de rematar unha viaxe de intercambio en Italia. Os alumnos monfortinos pasaron a semana do 6 ao 13 de febreiro con familias da localidade de Novara, próxima á cidade de Milán e situada na rexión do Piamonte. En abril, os seus anfitrións do instituto Biagio Pascal devolveranlles a visita e pasarán uns días en Monforte.

Durante a semana na que estiveron en Novara, os estudantes de Monforte fixeron ademais visitas a outros puntos de interese do norte de Italia. Visitaron Turín e os seus importantes museo exipcio e museo do cine, subiron á Mole Antoneliana, que ten unhas extraordinarias vistas da cidade, dos Alpes e tamén da planicie padana. Tamén foron a Milán e viron a súa catedral gótica e o castelo dos Sforza. Estiveron ademais nos lagos Maggiore e de Orta e na illa San Giuliu, nos Alpes.