Sarabela Teatro representa en Monforte «Crónicas do paradiso»

A función ofrecerase este xoves no auditorio do edificio multiusos

Un momento da representación da obra «Crónicas do paradiso»
Un momento da representación da obra «Crónicas do paradiso»

A compañía Sarabela Teatro representará este xoves no auditorio do edificio multiusos de Monforte a obra Crónicas do paradiso, unha adaptación libre da novela de Álvaro Cunqueiro As crónicas do sochantre, publicada por primeira vez en 1956. A función comezará ás 20.15 horas e o prezo xeral da entrada será de cinco euros. Para os desempregados, estudantes e xubilados custará tres euros. A obra, dirixida por Gonçalo Guerreiro, é interpretada por Fernando Dacosta, Elena Seijo, Fran Lareu, Sabela Gago e Fina Calleja.

A representación, dirixida ao público adulto, forma parte da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios. A próxima obra incluída neste ciclo é 1879 Casa de bonecas, da compañía Estudo Momento, e ofrecerase o 5 de marzo co mesmo horario.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Sarabela Teatro representa en Monforte «Crónicas do paradiso»