«Lambetadas», de Talía Teatro, abre o venres en Monforte un novo ciclo de representacións 

MONFORTE DE LEMOS

O espectáculo infantil «Lambetadas», de Talía Teatro, abrirá o novo ciclo teatral o día 10
O espectáculo infantil «Lambetadas», de Talía Teatro, abrirá o novo ciclo teatral o día 10 cedida

O Concello programou seis espectáculos que se ofrecerán no edificio multiusos ata o 23 de abril

07 ene 2020 . Actualizado a las 12:37 h.

O espectáculo Lambetadas, da compañía Talía Teatro, abrirá este vernes o ciclo teatral organizado polo Concello de Monforte para os primeiros meses do 2020. A primeira función, dirixida a un público infantil e familiar, ofrecerase ás 19.00 horas no auditorio do edificio multiusos e a entrada será gratuíta.

As demais representacións programadas dentro deste ciclo están dirixidas ao público adulto. Todas estas funcións comezarán ás 20.15 horas e as entradas terán un prezo xenérico de cinco euros, que se reduce a tres para os estudantes, os desempregados e os xubilados. A primeira destas actuacións será Entre soños, a cargo da compañía de danza de Fran Sieira, e ofrecerase o próximo día 23. O ciclo continuará o 6 de febreiro con Crónicas do Paradiso, de Sarabela Teatro. O 5 de marzo, o grupo Estudo Momento escenificará a peza 1875 Casa de bonecas. O día 26 do mesmo mes, a compañía Contraproducións representará A compañeira de piso.

A última representación prevista neste programa será a da obra A conquista da escola de Madhubai, coa compañía Teatro do Atlántico.