Teatro familiar para despedir o ano no multiusos de Monforte

MONFORTE DE LEMOS

Unha representación da peza «A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna», da compañía Lucecús Teatro, ofrecida no Círculo Saviñao de Escairón, en imaxe de arquivo
Unha representación da peza «A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna», da compañía Lucecús Teatro, ofrecida no Círculo Saviñao de Escairón, en imaxe de arquivo CÍRCULO SAVIÑAO

As compañías Lucecús Teatro e Titiriterra ofrecerán representacións os días 27 e 30

25 dic 2019 . Actualizado a las 13:01 h.

Antes que de termine o ano, auditorio do edificio multiusos de Monforta acollerá dúas representacións encadradas no ciclo de teatro profesional Proscenio, promovido pola Deputación, e na programación municipal de cultura e ocio para as festas de Nadal. As dúas funcións comezarán ás seis da tarde. A primeira delas, que será ofrecida este venres, é A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna, da compañía Lucecús Teatro. A obra está baseada en diversos textos do poeta Manuel María —residente en Monforte durante a maior parte da súa vida— e xira en torno á figura dun singular personaxe que traballa de barbeiro e de alguacil municipal, sendo ao mesmo tempo un poeta.

A última representación do ano —o día 30— correrá a cargo da compañía de títeres Titiriterra e será Belarmina, a fabulosa velutina, unha peza que aborda en clave de humor a actual praga da avespa asiática e os problemas da conservación da natureza.

As dúas representacións diríxense a un público infantil e familiar e a entrada será gratuíta.