«Invisibles», teatro contra a violencia sexista en Monforte

A compañía Redrum representará no multiusos esta peza, galardoada con varios premios María Casares

Un momento da representación de «Invisibles»
Un momento da representación de «Invisibles»

 A compañía Redrum Teatro representará este xoves no auditorio do edificio multiusos de Monforte a obra Invisibles, de Montse Fajardo. A función, que comezarás ás 20.15 horas, forma parte do programa de actividades organizadas polo Concello con motivo do día mundial contra a violencia sexista e encádrase tamén na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios. O espectáculo recibiu tres galardóns nos premios de teatro María Casares. A obra, dirixida por Marián Brañobre, está interpretada por Mela Casal, Sheyla fariña e Nieves Rodríguez.

Os responsables municipais sinalan que o espectáculo está reservado para maiores de 12 anos, debido ao contido dalgunhas situacións que presenta, pero engaden que presenta «un grande inrterese para xoves en idade adolescente, xa que é precisamente ese rango de idade no que rematan de formar as súas personalidades e no que comezan as súas primeiras relacións de parella. O prezo xeral da entrada é de cinco euros, que se reduce a tres para estudantes, desempregados e xubilados.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Invisibles», teatro contra a violencia sexista en Monforte