Fernando Arribas falará no Pazo de Tor sobre os cruceiros e petos de ánimas de Monforte

MONFORTE DE LEMOS

Fernando Arribas ten realizado numerosas investigacións sobre os cruceiros e petos de ánimas
Fernando Arribas ten realizado numerosas investigacións sobre os cruceiros e petos de ánimas OSCAR CELA

A conferencia forma parte dos actos organizados pola rede museística provincial con motivo do Día Internacional do Patrimonio Mundial

26 nov 2019 . Actualizado a las 12:48 h.

A aula de didáctica do museo do Pazo de Tor acollerá este mércores unha conferencia do etnólogo Fernando Arribas Arias sobre os cruceiros e petos de ánimas de Monforte. O acto comenzará ás 18.00 horas e forma parte das actividades organizadas pola rede museística provincial con motivo do Día Internacional do Patrimonio Mundial. Arribas falará, entre outros asuntos, do cruceiro da praza monfortina de San Antonio e do peto de ánimas de Tor, que segundo este investigador ofrecen características únicas en Galicia. O conferenciante, especialista nesta parcela do patrimonio histórico e etnográfico, traballou nunha catalogación dos cruceiros da Ribeira Sacra.