O colectivo feminista Femforte chama a manifestarse este luns en Monforte

Carlos Cortés
Carlos Cortés MONFORTE

MONFORTE DE LEMOS

Concentración organizada por Femforte fronte á casa consistorial de Monforte o pasado mes de xullo
Concentración organizada por Femforte fronte á casa consistorial de Monforte o pasado mes de xullo CARLOS CORTÉS

Representantes desta asociación defenderán unha proposta contra a violencia machista no pleno municipal que se celebra a última hora da tarde

24 nov 2019 . Actualizado a las 21:21 h.

 O colectivo feminista Femforte convoca para este luns nesta localidade unha concentración contra a violencia machista. Será ás oito e media da tarde na praza de España. Previamente, representantes desta asociación teñen previsto defender no pleno municipal que se celebrará na casa consistorial unha proposta de medidas a adoptar polo Concello para "contribuir á consecución da igualdade real das mulleres da contorna e á elilminación da violencia machista".

Femforte convoca estes actos para conmemorar o día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, nunha xornada na que nas comarcas do sur de Lugo hay previstas numerosas actividades públicas deste mesmo tipo, case todas organizadas polos concellos. As responsables de Femforte aseguran que respaldan todas as convocatorias e fan un chamamento específico á cidadanía a participar tamén na que teñen organizada para este luns á tardiña.

O pleno municipal que está convocado para este lunes en Monforte comezará ás oito da tarde e en Femforte agardan que as súas representantes poidan participar nos seus primeiros momentos. Lerán a proposta que defenden e pedirán aos grupos municipais que voten a favor. A proposta, aseguran as voceiras deste colectivo feminista, está elaborada con achegas "recollidas da cidadanía".

O inicio da concentración na praza de España está previsto para as oito e media, media hora despois de que comece o pleno. Será, explican en Femforte, "unha concentración reivindicativa e de homenaxe ás mulleres asasinadas". Será un acto participativo "no que distintas artistas coñecidas e anónimas da zona homenaxearán ás vítimas e farán a unha aportación á loita contra a violencia machista e pola igualdade a través da súa arte". Abrirán o acto os tambores das Tamborileiras de Lemos, a continuación cantarase unha versión feminista da canción popular italiana "Bella Ciao". Durante a concentración farase ademais a lectura dun manifesto, haberá un recital poético con Mónica Sánchez Rodríguez, Noa Moreira e Xacia e pechará a interpretación da canción de Rozalén "La puerta violeta" por Laura Fernández.

A asociación Femforte ten aberta ata o 20 de decembro en Monforte una exposición titulada "Artes Sanas", con obras elaboradas exclusivamente por mulleres. O obxectivo desta exposición é , según explica asorganizadoras, "pór en valor a aportación da muller ás artes, tanto tempo invisibilizada por ser considerada unha actividade complexa e, como tal, que só os homes podían realizar con excelencia".