Chegan a Monforte os bancos contra o acoso escolar

La Voz

MONFORTE DE LEMOS

Catro estudantes do Colexio Novo de Monforte xunto a un dos novos bancos da amizade que ten o centro
Catro estudantes do Colexio Novo de Monforte xunto a un dos novos bancos da amizade que ten o centro CEDIDA

O Colexio Novo de Monforte instala dous "bancos da amizade"

14 oct 2019 . Actualizado a las 12:35 h.

Colexios de todo o mundo teñen un ou máis bancos da amizade, unha idea que xurdiu no ano 2012 en Estados Unidos como unha proposta particular dunha estudante dun centro de educación primaria e que se acabou espallando internacionalmente como unha iniciativa simbólica contra o acoso escolar. O Colexio Novo acábase de converter no primeiro centro educativo da Ribeira Sacra en estrear o seu propio banco da amizade. Ou mellor dito bancos da amizade, porque son dous.

Neste colexio monfortino a proposta fixérona un grupo de familias con nenos no centro. "Propuxéronos pintar un banco da amizade -contan os responsables da escola- para que ninguén se sentise só no cole". Á dirección pareceulle boa idea e déronlles autorización para facelo. E non nun único banco, senón en dous, un para educación infantil e outro para Primaria.

Os promotores da iniciativa traballaron esta pasada fin de semana. Elixiron un banco do recinto xeral do colegio e outro que está no espazo reservado para o tempo de recreo dos pequenos de Infantil. Desmontáronos, lixáronos e pintaronos de novo. Ademais, tamén axudaron ao colexio a recilar en banco de lecturas solidarias unha antiga barra de exercicios de equlibrio.

 Aos bancos non lles faltaba esta mañá nada máis que uns letreiros que os identifiquen, pero xa están listos para que ser utilizados. O seu obxectivo é que calquera escolar que se sinta só no recreo teñan un sitio no que estar, acompañados por outros na súa mesma situación ou que simplemente prefiran pasar ese tempo con eles.