O ciclo teatral de outono en Monforte comprenderá dezasete espectáculos

MONFORTE DE LEMOS

Unha escena de «Vida de cans», espectáculo  do grupo Talía Teatro, que forma parte do ciclo
Unha escena de «Vida de cans», espectáculo do grupo Talía Teatro, que forma parte do ciclo BASILIO BELLO

As actuacións ofreceranse no auditorio da Casa de Cultura, no edificio multiusos e na biblioteca municipal

23 sep 2019 . Actualizado a las 13:19 h.

Un total de dezasete espectáculos compoñen a programación teatral do Concello de Monforte para o último trimestre do ano, que foi presentada hoxe pola concelleira de Cultura Marina Doutón. O ciclo está organizado en colaboración cos programas Ler Conta Moito, Falaredes, Buxiganga e Proscenio. Os dous primeiros son promovidos pola Xunta e os outros dous, pola Deputación.

As actuacións do programa Ler Conta Moito son espectáculos de contacontos e de animación á lectura, dirixidos ao público infantil, que se ofrecerá ao mediodía na biblioteca municipal. As outras representacións serán na Casa de Cultura e no edificio multiusos. As que se ofrezan neste último lugar —excepto as tres últimas, que se dirixen a un público familiar e será gratuítas— terán un prezo de cinco euros por persoa, que se reducirá a tres euros para os xubilados, estudantes e desempregados. Todas as demais actuacións serán gratuítas. A continuación detállanse todos os espectáculos incluídos neste ciclo.

SETEMBRO

Día 26. Na biblioteca municipal representarase a obra Maxia e libriños, a cargo de Leo Leiño, ás 120.00 horas.

OUTUBRO

Día 3. O Mago Deimi ofrecerá na biblioteca municipal —ás 12.00 horas— o espectáculo A maxia está nos libros.

Día 11. A compañía de marionetas Trécola representará Cociñando igualdade na biblioteca ás doce do mediodía.

Día 17. A biblioteca acollerá a representación da peza A verdadeira historia de Hamelin, a cargo de MeRe Clown ás 12.00 horas. Pola tarde, ás 20.15 horas, Talía Teatro representará Vida de cans no edificio multiusos.

Día 18. Na biblioteca municipal, Brais das Hortas representará ás 12.00 horas Contamos todas.

Día 24. O programa Ler conta Moito pecharase coa obra Basilicamente. As marabillosas ideas so señor Basilio, a cargo de Carlos Coira. Será na biblioteca municipal ás 12.00 horas.

Día 25. A compañía Talía Teatro porá en escena a obra Voa, voa! no auditorio da Casa de Cultura, a partir das 20.00 horas.

Día 26. A Casa de Cultura acollerá ás oito da tarde unha representación da obra Pros e contras a cargo do grupo Teatreir@s.

Día 31. No auditorio do edificio multiusos, a compañía De Ste Xeito Producións representará a peza Running ás 20.15 horas.

NOVEMBRO

Día 14. No edificio multiusos, a compañía Teatro da Ramboia representará O meu mundo non é deste reino ás 20.15 horas.

Día 16. O grupo Teatro Viranventos ofrecerá o espectáculo Sucesos ás 20.00 horas na Casa de Cultura.

Día 28. A compañía Redrum Teatro representará a peza Invisibles ás 20.15 horas no edificio multiusos.

DECEMBRO

Día 12. O auditorio do multiusos acollerá a partir das 20.15 horas unha representación da obra Senior polo grupo Culturactiva.

Día 23. O grupo Lilá Teatro escenificará Duncan de Palleiro ás 18.00 horas no edificio multiusos.

Día 27. No mesmo lugar e co mesmo horario que o anterior espectáculo, a compañía Lucecús Teatro representará A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna.

Día 30. O ciclo teatral pecharase coa representación de Belarmina, a fabulosa velutina a cargo do grupo Titiriterra. Será tamén no multiusos ás 18.00 horas.