Exposición en Monforte sobre Manuel Rodríguez López, poeta de Paradela

A mostra forma parte dun proxecto que reivindica un Día das Letras Galegas para este autor


A Casa de Cultura de Monforte acolle ata o día 29 a exposición «Manuel Rodríguez López, emigrante galego, poeta obreiro», dedica a difundir a vida e a obra deste escritor natural de Paradela que pasou unha grande parte da súa vida en Cataluña. A mostra, organizada pola empresa Galicia Dixital co apoio da Deputación, ten o obxectivo de reivindicar a figura deste autor e pedir que se lle dedique o Día das Letras Galegas. Nado en 1934 e falecido en 1990, Manuel Rodríguez López publicou libros de poemas como Saudade no bulleiro e Soldada mínima e obras en prosa como Reencontro coa aldea e Galegos en Catalunya, ademais de traducir integramente ao galego o extenso poema A Atlántida, do catalán Jacint Verdaguer. Os promotores deste proxecto reivindicativo tamén crearon unha páxina web na que se dixitalizaron as obras completas do autor.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Exposición en Monforte sobre Manuel Rodríguez López, poeta de Paradela