A compañía de títeres Fantoches Baj representará en Monforte «Os romeiros do caracol»

MONFORTE DE LEMOS

Escenografía da obra «Os romeiros do caracol», da compañía de títeres Fantoches Baj
Escenografía da obra «Os romeiros do caracol», da compañía de títeres Fantoches Baj FANTOCHES BAJ

O espectáculo forma parte da programación municipal do Día das Letras Galegas

14 may 2019 . Actualizado a las 12:12 h.

A compañía de teatro de títeres Fantoches Baj representará o xoves no edificio multiusos de Monforte ?ás doce do mediodía? a obra Os romeiros do caracol, dedicada á vida e á obra do escritor e etnógrafo Antón Fraguas, protagonista do Día das Letras Galegas. A función forma parte da programación municipal relacionada con esta data, que comprende tamén un festival de música que se celebrará no mesmo local a partir de 19.00 horas do venres. Neste festival actuarán os grupos de gaitas, acordeóns e danza e a coral polifónica do Concello.