Faleceu Inés Pereiro Pontón, nai do poeta monfortino Lois Pereiro

La Voz

MONFORTE DE LEMOS

Inés Pereiro nun acto de homenaxe ao seu fillo, o poeta Lois Pereiro, celebrado no 2011 no instituto Río Cabe con motivo do Día das Letras Galegas
Inés Pereiro nun acto de homenaxe ao seu fillo, o poeta Lois Pereiro, celebrado no 2011 no instituto Río Cabe con motivo do Día das Letras Galegas ALBERTO LÓPEZ

O enterro terá o lugar no cemiterio de Monforte ás dez e media da mañá do sábado

05 abr 2019 . Actualizado a las 11:03 h.

Inés Pereiro Pontón, veciña de Monforte e nai do poeta Lois Pereiro -a quen se dedicou o Día das Letras Galegas do 2011- faleceu onte aos 90 anos de idade. A capela ardente encóntrase na sala número 4 do Tanatorio Monforte. Deste lugar sairá o cortexo fúnebre ás 10.30 horas do sábado para dirixirse ao cemiterio municipal. Media hora despois oficiarase un funeral na igrexa do Colexio da Compañía. Mestra de profesión, Inés Pereiro era natural da parroquia Santa Cristina de Viso, no Incio. Viúva de Manuel Sánchez Vila, deixa tres fillos -entre eles Xosé Manuel Pereiro, vicedecano do Colexio de Xornalistas d e Galicia- e tres netos.