«A galiña azul», teatro para nenos no multiusos de Monforte

La Voz

MONFORTE DE LEMOS

CEDIDA

A compañía Tanxarina actuará o domingo a partir das seis da tarde

07 mar 2019 . Actualizado a las 10:47 h.

O auditorio do edificio multiusos de Monforte acollerá o domingo ?a partir das 18.00 horas? unha representación da obra A galiña azul a cargo da compañía Tanxarina. Trátase dun espectáculo dirixido ao público familiar e infantil, especialmente aos nenos de 3 a 8 anos de idade. Baseada no conto homónimo de Carlos Casares, a representación mestura as marionetas e os actores. O espectáculo é dirixido por Cándido Pazó e interpretado por Miguel Borines, Andrés Giráldez e Eduardo Rodríguez Cunha. O prezo xeral da entrada é de cinco euros, que se reducen a tres para os estudantes, os desempregados e os xubilados.