«Idénticas», da produtora monfortina Amanita Films, premio Mestre Mateo ao mellor documental

A firma xa obtivera este galardón na edición do 2016 con «Os días afogados»


O fime Idénticas, dirixido por Luis Avilés e producido pola empresa monfortina Amanita Films, foi galardoado como o mellor documental nos premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual. Idénticas conta a historia de Cayetana e Celia, dúas irmás xemelgas de Lousame, de 7 anos de idade, que sufren etereoplaxia ósea progresiva, unha enfermidade extremadamente rara que só afecta a 62 persoas en todo o mundo. As dúas nenas son as únicas xemelgas nas que se detectou esta doenza e ademais son o único caso coñecido no que unha das irmás -Cayetana- experimenta os síntomas, mentres que en Celia a enfermidade non se desenvolveu.

Esta edición dos premios Mestre Mateo tivo tamén un forte protagonismo monfortino grazas aos dez premios conseguidos polo filme La sombra de la ley, dirixida por Dani de la Torre.

Sobre estas liñas, unha imaxe do cartel anunciador do filme Idénticas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
5 votos
Comentarios

«Idénticas», da produtora monfortina Amanita Films, premio Mestre Mateo ao mellor documental