Un cartel pola igualdade con deseño monfortino

La Voz

MONFORTE DE LEMOS

CEDIDA

Un alumno do instituto Río Cabe gañou o segundo premio do concurso convocado pola Xunta con motivo do día internacional da muller

28 feb 2019 . Actualizado a las 10:36 h.

Un alumno de primeiro de bacharelato do instituto monfortino Río Cabe, Alejandro García Rodríguez, gañou o segundo premio do concurso de carteis do día internacional da muller convocado pola Secretaría Xeral da Igualdade. O premio consiste nun cheque económico para o autor do letreiro, un lote de publicacións para a biblioteca do centro educativo e unha visita á casa museo de Rosalía de Castro e ao Galipark de Padrón, que o premiado compartirá cos seus compañeiros de clase. O autor do cartel recolleu o premio na Cidade da Cultura de Santiago arroupado polos alumnos que comparten a aula con el. Os estudantes aproveitaron a viaxe para visitar as exposicións «Castelao maxistral» e «Valor e mestría. Galici como fútbol».