Unha pitón na clase

Un experto en réptiles dálles aos estudantes do instituto monfortino A Pinguela unha clase práctica cunha ampla colección destes animais


Unha serpe pitón de vinte quilos foi a estrela da charla didáctica á que asistiron esta mañá estudantes do instituto monfortino A Pinguela. Impartiuna o experto en réptiles José María Soriano, que trouxo a Monforte un amplo surtido de exemplares para que os rapaces entendesen mellor as diferenzas entre uns e outros. O obxectivo central da súa conferencia era concienciar aos alumnos sobre os riscos que supón para o medio ambiente abandoar este tipo de animais exóticos despois de adquirilos como mascotas.

José María Soriano amosou durante a súa intervención, presenciada no salón de actos do instituto por estudantes de primeiro de ESO, animais como Macroclemys temminckii, a tartaruga de auga doce máis grande do mundo; Geochelone Sulcata, unha tartaruga de terra africana, a cuarta máis grande do mundo; Ophisaurus Apodus, un lagarto sen patas con aparencia de serpe; Pyxicephalus adspersus ou ra touro africana, a máis grande do mundo; Pogona Vitticeps, un lagarto de aparencia agresiva, pero moi dócil; Lampropeltis T. Sinaloae, ou falsa coral, unha serpe inofensiva pero moi semellante a unha das máis vevenosas; ou a pitón molurus albina, cun exemplar que pesa vinte quilos e non é demasiado grande para o que adoitan chegar a ser estes especimes.

Os rapaces seguiron atentamente as explicacións de José María Soriano sobre as características de cada animal. Coa axuda dos exemplares que amosaba, o experto explicoulles como distinguir polas escamas a un lagarto dunha serpente. Os alumnos aprenderon como é o tacto da pel dos diferentes réptiles, escamosos, lisos, duros ou brandos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos
Comentarios

Unha pitón na clase