Perugia edita a Lois Pereiro en italiano

Trátase da sexta tradución de «Poesía última de amor e enfermidade. 1992-1995»

Lois Pereiro, en la Casa da Cultura de Monforte, en el 2001
Lois Pereiro, en la Casa da Cultura de Monforte, en el 2001

Redacción / La Voz

A obra de Lois Pereiro (Monforte, 1958-A Coruña, 1996) prosegue o seu lento pero seguro camiño de internacionalización. Desta volta tócalle ao poemario Poesía última de amor e enfermidade. 1992-1995, composto polo bardo lugués nos seus últimos meses antes de morrer e do que o Centro de Estudos Galegos (CEG) da universidade de Perugia vén de dar ao prelo, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a súa versión italiana, a cargo do profesor e investigador Marco Paone. O novo volume Poesia ultima di amore e malattia. 1992-1995 é a sexta tradución dun libro que xa se pode ler, ademais de en galego e italiano, en catalán, en éuscaro, en castelán, en inglés e en búlgaro. O poemario está editado polo selo Aguaplano, na súa fermosa colección Lapsus Calami, que acolle no seu catálogo a autores como Ernesto Livorni, Carlo Guerrini e Alessandro Celani.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García -que presentou onte o libro xunto a Paone e a Xosé Manuel Pereiro, irmán do autor monfortino homenaxeado no Día das Letras Galegas do 2011- deulle a benvida ao novo volume, que, dixo, «contribuirá a seguir proxectando a importante obra de quen foi, sen dúbida, un dos autores que mellor representan a eclosión poética da literatura galega dos 80 e empatizan a través da palabra, da rebeldía e da contracultura coa xente nova». A edición de Paone vén encher un baleiro na difusión deste poeta entre os lectores italianos, un dos autores máis recoñecibles da poesía galega de finais do século XX».

O CEG de Perugia (creado en 1995) está integrado na Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos da Xunta.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

Perugia edita a Lois Pereiro en italiano