O certame Mulleres de Lemos homenaxea a Genoveva González, mestra de Bóveda

O colectivo Lemos Le dedica o seu quinto certame a unha docente que foi represaliada despois da Guerra Civil por motivos políticos

.

Genoveva González Prieto, unha mestra de Bóveda que foi represaliada pola ditadura franquista, será a protagonista da quinta edición do certame de divulgación Mulleres de Lemos, que organiza o colectivo Lemos Le e que ten por finalidade dar a coñecer figuras femininas de relevancia na historia da comarca. Como nas anteriores edicións, o concurso divídese en dúas modalidades. Unha delas é de banda deseñada e diríxese a alumnos de secundaria e bacharelato, que poderán presentar traballos cunha extensión mínima de dúas páxinas. A outra categoría -de divulgación, para maiores de 18 anos- é para traballos de calquera xénero literario que deberán ter unha extensión de entre dez e 25 páxinas mecanografadas a dobre espazo e con tamaño de letra 12.

Por outro lado, o colectivo Lemos Le -en colaboración co Centro de Información á Muller de Monforte- organizará unha serie de obradoiros didácticos sobre Genoveva González que se desenvolverán nos centros educativos da comarca e editará unha publicación dedicada á súa figura.

Nacida en 1900, Genoveva González emigrou a Cuba con 28 anos para gañar diñeiro que lle permitise cursar estudos de maxisterio. Regresou en 1930 e despois de obter o título comezou en 1932 a traballar como interina na escola da parroquia de Ferreiros, na Pobra do Brollón. En 1936 gañou unha praza por oposición, pero ao terminar a Guerra Civil foi expulsada da escola pública polas súas simpatías republicanas. Abriu entón unha academia privada en Bóveda e anos despois recuperou a praza con carácter provisional nun colexio da provincia da Coruña. Posteriormente traballou en escolas de Navia de Suarna, Cervantes, Canedo -A Pobra do Brollón- e San Xillao de Tor, en Monforte. Máis tarde volveu aprobar a oposición e ensinou nunha escola da localidade da Raíña, en Bóveda, onde acabaría xubilándose despois de medio século de actividade docente. En abril do 2010, a Federación de Traballadores do Ensino de UGT organizou unha homenaxe pública a Genoveva González que se celebrou en Monforte

La Voz de Galicia publicaba el 9 de marzo de 1988 una noticia en la que anunciaba que Á lus do candil, obra narrativa del escritor lucense Ánxel Fole ambientada en la comarca de Quiroga, sería traducida al catalán. La iniciativa se enmarcó en «los acuerdos de intercambio y cooperación cultural establecidos entre las consellerías de Cultura de la Xunta y la Generalitat».

Hoy • Frecuencias: 105,6 (Lugo); 98,2 (Sarria); 103 (Vilalba); 87,8 (Monforte); 88,5 (Viveiro); 102,3 (Ribadeo); y 90,4 (Chantada) • Radio Voz emite, como cada mañana de lunes a viernes, el programa Voces de Lugo, entre las 10.00 y las 12.00 horas, conducido por Félix Jorquera. El programa repasará la actualidad lucense. Además, presentarán la III Feria del Caravaning, que tendrá lugar en Lugo entre hoy y el día 18, con más de cuarenta modelos. Está organizado por Yakart Autocaravanas (carretera A Coruña N-VI km 507) y permanecerá abierta de 10.00 a 14.00 y de 15.30 a 20.00 horas. Para concretar visitas: 982 283 051 o info@yakartautocaravanas.com.

10.00-11.00 Provincia

Emisión para Lugo, Sarria, Vilalba, Monforte, Viveiro, Ribadeo y Chantada.

11.00-12.00 Centro-sur

Emisión para Lugo, Sarria, Vilalba, Monforte y Chantada.

«Tundra» • 2016 • Espiral Maior Poesía • Carlos Negro • O profesor e escritor Carlos Negro (Lalín, 1970) presenta esta tarde en Lugo -na Libraría Trama, ás 20.00 horas- o seu poemario Tundra, co que resultou gañador da edición núimero dezaseis do premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, que convoca a Asociación Cultural Ergueitos de Sarria.No acto estarán presentes, ademais do autor, a poetisa Olga Novo -natural da Pobra do Brollón- e o poeta Miguel Anxo Fernán Vello. En Tundra, Carlos Negro emprende un novo camiño, «unha viaxe de indagación interna», a busca dos «límites da palabra».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos
Comentarios

O certame Mulleres de Lemos homenaxea a Genoveva González, mestra de Bóveda