O poeta Lois Pérez presenta en Monforte «Long Play»

La Voz

MONFORTE DE LEMOS

OSCAR CELA

28 dic 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A Mesa pola Normalización Lingüística de Monforte organizará hoxe no Centro do Viño da Ribeira Sacra unha presentación do libro de poemas Long Play, do escritor lucense Lois Pérez, que se celebrará ás oito da tarde. No acto tomarán parte Xosé Manuel Fernández ?responsable do colectivo organizador? e Fran Bouso, coordinador do certame poético Mondoñedo é Poesía. O autor do libro, pola súa parte, ofrecerá unha «intervención lírico-narrativa».

Long Play, publicado por Edicións Xerais, é o segundo poemario de Lois Pérez despois de LP, que apareceu no 2013. No 2008 gañou un dos premios de teatro radiofónico da Radio Galega coa peza Saltimbanqui, que posteriormente foi adaptada para e a escena polo director e actor Quico Cadaval e interpretada por el mesmo xunto con Xan Cejudo e Xosé Manuel Olveira.

Lois Pérez foi tamén xogador do club de fútbol sala Azkar e desenvolve ademais unha intensa actividade como contacontos.