O grupo Muxicas representará en Monforte «Arsénico por compaixón»

La Voz

MONFORTE DE LEMOS

PILI PROL

O espectáculo teatral ofrecerase o xoves no centro multiusos

19 jun 2017 . Actualizado a las 19:10 h.

A compañía teatral ourensá Muxicas representará o xoves no auditorio do centro multiusos de Monforte «Arsénico por compaixón», adaptación dunha obra do dramatugo estadounidense Joseph Kesselring. A entrada é gratuíta e o espectáculo comezará ás 20:15 horas.

O grupo Muxicas, que conta co apoio da Once, está formado por persoas invidentes. Na imaxe, representación de «A visita da vella dama», outro espectáculo da compañía